Xeografía
Desde finais do século XV, Europa lanzouse ao dominio doutros territorios na busca de riquezas, prestixio e poder. De feito, o coñecemento histórico que posuímos é basicamente eurocéntrico. Isto explica que moitos topónimos leven nomes de dirixentes europeos, son menos os que levan nomes de raíñas, ou mulleres europeas de prestixio. Aínda que aquelas que lograron marcar unha época tamén o fixeron espallando o seu nome polos territorios do mundo: Virxinia, Vitoria... Outras dirixentes, desde unha posición secundaria moitas veces, aproveitaban o seu poder á sombra para patrocinar a aventureiros que se lanzaban á busca de novos territorios. Nomes como Adelaida, Ekaterimburgo, Terra da Raíña Maud… dan proba deste feito.
Porén, os topónimos máis antigos remítennos á mitoloxía grega, irlandesa, galega, como testemuña do poder dos mitos femininos asociados á riqueza e á abundancia.
Comentarios
Publicar un comentario