Vida cotiá
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Vida cotiá
Epónimos femininos
Bengalas Coston
É un dispositivo de sinalización explosiva, visible no mar, para comunicar diferentes mensaxes mediante combinacións de sinais lumínicas. Cada bengala está cargada cunha soa cor ou cunha combinación de varias. As diversas combinacions de cores forman un "alfabeto" con 10 números e caracteres especiais como principio e fin. Combinando estes sinais, conseguiuse unha canle de comunicación entre barcos durante a noite.
O nome provén de KMartha Jane Hunt (1826-1904) naceu en Baltimore (Maryland) e casou con Benjamin Franklin Coston, un prometedor inventor de 19 anos. Pero, trala morte de el, decideu desenvolver o invento do seu marido. A pesar da aparente simpleza, Coston tardou en torno a unha década para resolver os problemas da investigación. Necesitou idear unha carcasa resistente ás condicións marítimas e lograr mesturas de compostos químicos para xerar cores. Tivo que facerse pasar por un home para tratar con expertos pirotécnicos ata conseguir as mesturas axeitadas. O vermello, o blanco e o verde foron as cores elexidas na súa empresa para diferenciar as mensaxes marítimas
.
Martha Jane Hunt Coston
É unha roda dentada (a roda maior, frente ao piñón que sería a roda menor) usada nos sistemas de correa de transmisión dentada, que transfire a enerxía ou o arrastre do motor á llanta traseira por medio dunha cadea.
Catalina
O nome deste mecanismo provén de Calalina de Alexandría (s.IV) naceu no seo dunha familia acomodada. Dedicada a Deus, foi unha sabia renomeada que intentou convencer ao emperador Maximiano de converterse ao cristianismo. Indignado o emperador, e sorprendido pola súa audacia, púxoa a debater contra cincuenta filósofos, aos que convenceu de abandoar o paganismo, o mesmo que á emperatriz. Entón o rexente mandounos matar a todos e condenou a Catalina a morrer no suplicio da roda. Pero cando o se corpo tocou a roda, rompeuse en anacos e o emperador ordenou a súa decapitación.
Catalina de Alejandría
Melitta
Melitta é unha marca alemá que fabrica máis de 160 elementos relacionados co café: filtros, dispositivos de goteo, máquinas de café, etc.
Melitta Bentz (1873-1950) foi a que inventou o primeiro filtro de papel en 1908 na súa casa en Dresde.
o 20 de xuño de 1908, rexistrou a súa invención na oficina alemá de patentes e en decembro dese mesmo ano abriu a súa pequena fábrica de filtros coa axuda do seu marido. Pouco despois, a inventora lograría vender na feria de Leipzig de 1909 máis de mil filtros de café. Como empresaria, sería unha pioneira en Alemaña na mellora das condicións laborais dos seus traballadores.
Melitta Benz
Este recipiente de vidro e forma esférica que serve para almacenar líquidos, ten unha capacidade que pode variar entre 10 e 40 litros. Antigamente utilizábanse para trasladar e almacenar viño e licores, e ían forradas de vimbio ou esparto e con asas para poder movelas con facilidade
Damajuana
Este recipiente leva o nome da raíña Xoana I de Nápoles (1326-1382), filla de Carlos de Anjou, que reinou a rexión durante 58 anos. Pero, tras o Cisma de Occidente, tomou partido polo Papa Clemente VII e caeu en desgracia, sendo morta en prisión por orde do rei Carlos III.
Cóntase que Xoana, un día de tronada, refuxiouse no taller dun vidriero. Como mostraba moito interés polo proceso de fabricación, o artesán decidiu inflar unha botella especial para ela de enormes proporcións, bautizándoa como “Dama Jeanne”.
Xoana I de Nápoles
é unha impresora 3d que serve para construír obxectos tridimensionais. Ten un software de código aberto por deposición fundida modelar (un proceso de impresión 3d)
Impresora 3d RepRap Ormerod
A impresora debe o seu nome a Eleanor Anne Ormerod (Gloucestershire, 1828-1901), entomóloga inglesa. Publicou unha serie de artigos sobre insectos e pragas, tamén foi unha das primeiras en definir o campo da entomoloxía.
As súas inventigacións foron dirixidas ao descubrimento de métodos para a prevención dos estragos causados por insectos dañinos para os bosques, os campos e as hortas.
Eleanor A. Ormerod
É un coche fabricado nunha empresa alemá, a Mercedes Benz, recoñecida polos seus coches de luxo, autobuses e camións de gran fiabilidade.
Mercedes
O 2 de abril de 1990, Daimler-Motoren-Gesellschaft decidiu chamar aos seus automóviles Mercedes, en honor á filla de Emil Jellinek, un empresario austriaco que comercializaba con vehículos Daimler (os socios de Benz) e os inscribía en carreiras de coches. Mercedes Jelinek (1889-1929), que recibiu ese nome pola princesa de Asturias, María de las Mercedes, casou con dous baróns e sempre estivo presente nos negocios do seu pai, aínda que lle gustaba máis a música que os coches. Morreu nova debido a un cáncer de ósos.
Mercedes Jelinek
É un modelo educativo caracterízase en poñer énfase na actividade dirixida polo neno . Esta observación ten a intención de adaptar a contorna de aprendizaxe do neno ao seu nivel de desenvolvemento..
Método Montesori
Este método leva o nome da súa creadora, María Montessori (1870-1952), quen estudou distintas disciplinas como Medicina, Psicoloxía ou Pedagoxía. A súa primeira “Casa de Bambini”, foi inaugurada en 1907 e converteuse na orixe do método educativo Montessori, que se estenderá por todo o mundo.
María Montessori
Trátase dun dicionario de uso do español. Emprega un sistema moi orixinal de sinónimos, palabras afíns e referencias que constitúe unha guia ao lector dende a palabra que coñece ao modo de dicir que descoñece.
Dicionario María Moliner
O dicionario leva o nome da súa autora, a directora da biblioteca da Universidade de Valencia chamada María Moliner (1900-1981). En 1938 foi quen redactou as directrices do proxecto do Plan de Bibliotecas que é considerado o
mellor plan bibliotecario de España.
En 1946, mientras dirixe a biblioteca dunha escola pública, empeza a esbozar as primeiras fichas do seu dicionario.
María Moliner
É un método para quentar unha sustancia líquida ou sólida, uniforme e lentamente, sumerxindo o recipiente que a contén noutro maior con auga ou outro líquido que se leva a ebullición. É un método coñecido desde a antigüidade
.
O baño María
O nome provén dunha muller chamada Maria de Alexandría, que viviu no século ll en Exipto, aínda que tamén a chamaban María a Xudea ou Miriam a profetisa, autora de varios escritos científicos. Ela exercía a alquimia (conxunto de técnicas e procedementos, que é a base da quimica moderna).
María de Alexandría
É unha marca de monecas feita pola empresa estadounidense Mattel, Inc., lanzada en marzo de 1959
A Barbie
Ruth Handler é a empresaria estadounidense á que se lle atribúe a creación da moneca, inspirada noutra alemá chamada Bild Lilli. Púxolle o nome da súa filla Bárbara, “Barbie”, xa que a ela non lle gustaban as monecas da época, que imitaban bebés, e prefiría xogar coas que parecían maiores
Ruth Handler
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Comentarios
Publicar un comentario