Ciencia I

    Os humanos somos fillos da Terra, vivimos unidos a ela, pero, abraidos polo resplandor do universo, desde o noso inicio como seres racionais, observamos a bóveda celeste e tentamos explicar o que víamos. As primeiras respostas foron míticas e os seus nomes tamén (Pléiades, Vía Láctea…), pero, co avance da ciencia, comenzouse a homenaxear a aquelas persoas que descubrían os diferentes corpos celestes, ou máis recentemente, a aquelas personalidades que destacaron nun campo determinado da cultura. Neste sentido, non será até o século XX cando as mulleres, inxustamente ninguneadas, reciban o recoñecemento que merecían e merecen, facendo que brillen con luz propia. Nomes como Herschel ou Tereshkova, pioneiras no estudo do Universo, e a nosa Rosalía de Castro, agasallada polo seus méritos artísticos, enriquecen con epónimos femininos ese gran espectro no que faltaban elas.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Introducións: A caixa de Pandora