Literatura
Os contos infantís, os mitos, teñen unha función educativa, moralizante. Os personaxes son prototípico: Electra, Alicia, Ofelia, Rapunzel..., ademais de ser protagonistas dun conto de fadas ou dunha obra literaria, dan nome a síndromes psicolóxicos que responden a condutas universais, de aí que á hora de denominar a determinadas enfermidades, se usen eses epónimos para que sexan recoñecibles, por ser xenéricos os seus comportamentos, ou o seu destino.
Polo mesmo motivo, moitas expresións da nosa linguaxe cotiá remiten á literatura como modo para designar determinadas actuacións ou personalidades transmitidos nos mitos e obras literarias (ser unha Lolita, unha cincenta, unha celestina…).
Comentarios
Publicar un comentario