Entradas

Introducións: A caixa de Pandora

Imagen
Este traballo sobre epónimos e frases feitas foi concebido sobre unha base verificable e tristemente real: a incuestionable discriminación de xénero existente na lingua común, que se pode vincular á marxinación xeral sufrida polas mulleres de todos os tempos.
   Segundo a RAG, unha lingua nai é aquela da que naceron ou se orixinaron outras linguas, mentres que, pola súa parte, a lingua materna é a primeira lingua que unha persoa aprende a falar. A nai é o principio, o fundamento. Está demostrado que o feto comeza a sentir o mundo ao ritmo do corazón da súa nai. Mentres tanto, a súa voz vaise convertendo no fío da vida: a cadencia e sonoridade da lingua nai queda así marcada para sempre no cerebro da criatura, como a melodía que envolve a letra das cancións. Dicía Margarita Schultz que “somos criaturas nacidas dunha matriz sonora”, pero esa sonoridade debe tornarse materia. Construímos o noso mundo con palabras oportunas, expresións familiares, construcións elaboradas, fermosas, pe…